Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

OS SEGADORES: cando van, van como rosas; cando veñen, como negros (Rosalía de Castro)

04.03.12, vero fillodateresa netodorevidas

O sistema produtivo da fegresía non era suficiente de abondo para dar de comer a todos; por iso sempre nos vimos avocados a buscar noutros lados un complemento económico que satisfacera as nosas necesidades básicas. Entre eses complementos estaban, ademais do oficio de contrabandista, o oficio de SEGADOR.

 

 

Unha das emigración por excelencia dende tempos inmemoriais foi a dos segadores; moitos dende maio a xulho ían a facer algúns cartos os “campos de castilla”.

 

“A alma ía con eles e tristemente abandonaban a “terriña” por necesidade duns cantos “cuartiños” que remediaran algunha débeda, os atrasos da contribución ou a necesidade de mercaren un terreo co que ensanchar a eira que rodea a casa.”

 

 “Una hogaza de pan de centeno con algunos torreznos por entrañas, alguna camisa de estopilla y acaso tan mal otra prenda de vestuario dentro del consabido zurrón de lienzo y por fuera un mal sombrero portugués, chaqueta, pantalón y chaleco de la misma tela que la camisa y unos zuecos o zapatos con suela de madera componen el atavío de un gallego que va a la siega ... debe añadirle el garrote de que suspende su tasado equipaje, la hoz símbolo de su oficio...”. Gil y Carrasco, “El Segador”, publicado en Los Españoles pintados por si mismos (Madrid, 1843)

 

Os cartos así obtidos axudaban a incrementar o PIB da aldea, beneficiando a toda a comunidade, entre eles aos Ferreiro parte indispensable para o oficio de segador: había que procurar a fouce, o gadaño, os dedís, de cana ou coiro e a pedra de aguzar. O Ferreiro tinha moito que ver para que a ferramenta estivera en condicións; así desde Benito Alonso “o Ferreiro” (relacionado no catastro da Ensenada 1753, que xunto con Manuel Alonso, tenente alguacil de Albarellos, levaron o apelido Alonso a Mandin), ate Serafín Yáñez e logo Carlos Salgueiro, ate que a demanda de mao de obra dos anos sesenta procedente de Europa e España acabou con un sistema produtivo do que viviron moitos e moi ben, sen votar mao a un arado.

 

 

Así como o contrabando axudaba a manter o grupo familiar, a sega en Castilla tamén formaba parte deste complemento económico, por iso era un orgullo chegar a idade en que podías ser elixido como membro de unha cuadrilla. Nun primeiro momento como atador, logo como media fouce, e finalmente como fouce.

 

“Cando de xente moza se trataba, facíano salientar orgullosos nos concellos e reunións e invocábano como garantía e servía, algunhas veces, de preferencia ós pais das mozas que cortexeban, para decidirse por un ou outro pretendente.”

 

Pero do orgulho na feligresía pasábase a humillación no destinho:

 

“Xurdían incidencias de non boas acollidas, burlas pola condición da súa pobreza no vestir, algúns esfarrapados, chegando nalgúns puntos a seren alcumados de escravos. Grupos había que, rematadas as provisións, poucas en cantidade, para terminar as xornadas e chegar ó final do seu destino, tiñan que implorar a caridade pública.”

 

O trabalho era de sol a sol durante o tempo que fixera falha porque xeralmente cobraban por trabalho feito. A temporada soia durar 60 días, algúns en anos de pouco trabalho baixaban ate Andalucía andando con unas sandalias de madeira, ultimamente xa ían en camións ou incluso en tren ou “coche de línea”, tempos xa dos últimos segadores (Ovidio, Ignacio, Silverio …)

 

Realizaban, pola mañá, o almorzo coa toma dunhas sopas de allo ó que engadían, algúns, augardente e pan, ou un gazpacho composto de pan e allo esmagado en aceite e vinagre. Os de Vilardevós, e máis concretamente os de Vilarello de Cota, traballaban “a mantido”, con catro comidas a base de touciño e carneiro, correndo o viño “a papo cheo” e nalgúns lugares, segundo a maior ou menor esplendidez dos administradores ou patróns, durante o traballo “dáseles pan o vino con abundancia, con el fin de estimarles el trabajo, que, a fuerza de ser duro y continuado, apenas hace mella en aquellos cuerpos de hierro” Lisardo Barreiro.

 

Os veráns eran dunha dureza sen paliativos. Días de madrugar antes do amencer. Ás catro ou ás cinco da mañá, á unha ou ás dúas na época de carrexo, para traballar durante todo o día, salvo un par de horas para a comida e a sesta, concluír ás dez ou ás once da noite. Cheos de cansazo, faltos de sono, mantíñanse como podían. Sol e falta de auga eran os dous castigos que tiñan que sufri-los segadores sen poder remedialo.

Raro, por non dicir ningún, era o que contraía matrimonio en Castela. Algúns quedaban por aquelas terras, pero en calidade de criados.

 

“Desde el desfiladero de Pancorbo hasta Despeñaperros, no hay un solo labriego que no esté absolutamente persuadido de que nadie remediará sus infortunios y de que sus únicos derechos son obedecer, pagar, sufrir y callar, porque sino le afusilan”8. 8 Senador, J.: Castilla en escombros. Las leyes, las tierras, el trigo y el hambre. Ámbito Ediciones, Salamanca, Diputación de Palencia, 1993, pp. 129-30. (A 1ª edición é de 1915).

 

“En siete días del mes de Agosto murió en el Hospital de la Cruz Domingo González marido de Josepha de Proberos era natural del lugar de Luján feligresia de Sta. Regina obispado de Lugo recivió los Santos Sacramentos no testó por ser pobre mando que del dinero que había ganado en la siega se le dijesen ocho misas…”.

 

“En onze días del mes de Enero de este presente año se enterro en esta iglesia de Santa María del Castillo de Cuenca de Campos un mozo de edad de diez y seis años pobre en el ospital, llamado Gregorio dixo ser de la Raya del reyno de Galicia y no le entendimos el apellido ni el lugar, estuvo siriviendo en Villavarros con Fernando Ceynos el año pasado esto lo pongo por si viene alguna persona preguntando por dicho Gregorio y en fee de ello lo firme fecha ut supra dicha y recivio todos los Sacramentos de confesion Communion y extremauncion”.


 http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/sega_castela.pdf

Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos

 

  

Segadores GALLEGOS en Castilla, esclavos de sol a sol' (HD) BERCIAL Y MAMBLAS 2001

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=kTApw_syxsc#t=154s